Thursday 16 de May de 2024

O Concello de Miño habilita a posibilidade de solicitar sen previo pago os certificados de empadroamento


Esta medida destínase a todos os veciños que o necesiten para optar ás axudas do Goberno, co fin de paliar os efectos da crise provocado polo COVID-19.

 

O Concello de Miño habilita a posibilidade de solicitar sen previo pago os certificados de empadroamento. Esta medida destínase a todos os veciños que o necesitan, para optar ás axudas do Goberno, e co fin de paliar os efectos da crise provocado polo COVID-19. Unha vez decretado o final do estado de alarma liquidarase a taxa correspondente.

En relación con esta medida o Concello tamén acordou, mediante un Decreto de Alcaldía, “ordenar que todo o persoal municipal cuxas funcións permitan o seu desenvolvemento a distancia, presen o servizo desde o seu domicilio na modalidade de traballo non presencial”. En segundo lugar, tamén que “todo o persoal municipal que realice funcións que non poidan ser desempeñadas mediante o traballo non presencial, deberán permanecer nos seus domicilios, quedando as súas actividades suspendidas temporalmente”.

Acordouse tamén que se establecerán quendas nos casos excepcionais “nos que unha función crítica deba desempeñarse de forma presencial”, así como “que todos os empregados públicos deben permanecer localizables e deberán reincorporarse aos seus postos presenciais se así se lles require por razóns excepcionais”.

Estas medidas, de carácter extraordinario, terán “a duración imprescindible para dar resposta á situación que motiva a súa adopción, e poderán ser revogadas por necesidades excepcionais do servizo”.

O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, destaca a “adopción desta serie de medidas en consonancia coas establecidas polo Goberno de España, e que nos axudarán sen dúbidas a frear a expansión da pandemia provocada polo COVID-19. Quero destacar tamén o labor a nivel municipal de todas e cada unha das persoas que integran os nosos servizos. Todo o mundo está a desempeñar as súas tarefas de modo encomiable, e xunto a iso, a cidadanía de Miño está a ser un exemplo co seu comportamento”, destaca o rexedor.